Ola,
Comprácenos anunciar a publicación da versión 0.96 de GCompris.
Esta nova versión inclúe actualizacións nas traducións de varios idiomas, e algunhas correccións de fallos.
Traducións que recibiron unha actualización significativa:
Isto significa que agora 19 idiomas con traducións completas: bretón, catalán, chinés tradicional, francés, galego, grego, húngaro, indonesio, inglés británico, italiano, malaialam, neerlandés, polaco, portugués, portugués do Brasil, romanés, sueco, ucraíno e valenciano.
Aínda tempos 15 idiomas con traducións parciais: alemán (84%),bielorruso (68%), castelán (93%), chinés simplificado (69%), eslovaco (62%), esloveno (56%), estoniano (62%), éuscara (78%), finés (90%), gaélico escocés (70%), gaélico irlandés (82%), hindú (76%), noruegués (97%), ruso (77%) e turco (73%).
Nesta versión decidimos volver manter as traducións que caeron por debaixo do 80%. Sería triste desactivar 10 idiomas no aplicativo, pero se ninguén actualiza as seguintes traducións desactivaranse na próxima versión: bielorruso (68%), chinés simplificado (69%), eslovaco (62%), esloveno (56%), estoniano (62%), éuscara (78%), gaélico escocés (70%), hindú (76%), ruso (77%) e turco (73%).
Para a versión de Windows engadimos unha nova entrada no menú de inicio chamada GCompris (modo seguro) para inicialo co modo de renderización por software. Isto fíxose necesario porque a funcionalidade de detección automática de OpenGL non sempre funcionaba. Agora os usuarios poden escoller facilmente entre renderización mediante OpenGL ou software sen cambiar o ficheiro de configuración.
Problemas coñecidos:
Como nota aparte dedicada a empaquetadores de distribucións de GNU/Linux, esta nova versión require OpenSSL para descargar voces e imaxes adicionais.
Como sempre pode descargar esta nova versión desde a nosa páxina de descargas. Tamén estará dispoñíbel en breves nas tendas de Android e Windows.
Grazas a todos,
Timothée e Johnny