Ola,
Comprácenos anunciar a publicación da versión 0.95 de GCompris.
Esta nova versión contén 7 actividades novas:
Podes atopar paquetes desta nova versión para GNU/Linux e Windows na páxina de descargas. Esta actualización tamén estará dispoñíbel nuns días nas tendas de Android e Windows. Para Raspberry Pi forneceremos un instalador a comezos de 2019. As versións actualizadas para MacOS e iOS aínda non están dispoñíbeis, esperamos poder publicalas durante o vindeiro ano.
No que respecta ás traducións, temos 15 idiomas completamente traducidos:catalán,chinés tradicional,francés,galego,grego, húngaro,inglés británico, italiano, malaio,neerlandés,portugués,romano,sueco, ucraíno evalenciano.
Tamén temos 19 idiomas con traducións parciais: alemán (86%),bielorruso (69%), bretón (54%), castelán (95%), chinés simplificado (69%), eslovaco (62%), esloveno (57%),estoniano (63%),éuscara (78%), finés (61%), gaélico escocés (71%),gaélico irlandés (82%),hindú (77%),indonesio (84%), noruegués (89%),polaco (94%),portugués do Brasil (74%), ruso (74%) eturco (74%).
Normalmente só distribuímos traducións que están polo menos ao 80%. Porén, para esta versión varios idiomas baixaron do 80%. Decidimos mantelas de maneira excepcional durante esta versión, e esperamos que os tradutores actuais ou tradutores novos as completen. Se obtemos actualizacións ou novas traducións, publicaremos actualizacións para incluílas. Así que se o seu idioma está na lista de traducións parciais, ou nin sequera está na lista, e quere axudar, contacte connosco e fornecerémoslle instrucións para empezar a traducir.
Outra forma de axudar é escribir novas na túa comunidade sobre GCompris, e non dubides en darnos a túa opinión.
Notas:
Grazas a todos,
Timothée e Johnny