Noticia

gcompris banner

Ola,
Aquí tedes GCompris 0.91, unha nova versión de corrección de erros para solucionar algúns problemas da versión anterior e mellorar algunhas cousas.

Toda distribución de GNU/Linux que teña a versión 0.90 debería actualizar á 0.91.

Con 68 remisións desde a última versión, a rexistro de cambios completo é longo de máis para esta nova. Pero aquí vai unha lista para resumir os cambios.

Actividades:

  • corrixe textos en inglés en varias actividades
  • corrixe a posición da puntuación en varias actividades
  • bloquea algúns botóns e algunhas interaccións cando é necesario en varios lugares
  • aplica unha morea de solucións a problemas de son en varias actividades
  • corrixe a disposición base de number_sequence (e doutras baseadas nela)
  • actualiza o conxunto de datos para clickanddraw, drawnumbers e drawletters
  • engade un conxunto de datos localizado a crane
  • engade compatibilidade co teclado e pon solución a varios problemas en lightsoff
  • engade compatibilidade co teclado e pon solución a varios problemas en algorithm
  • correccións para a moeda da configuración rexional en money
  • mellora dos sons informativos en ballcatch
  • moitas pequenas correccións en calendar
  • corrección do tamaño das iconas en memory-case-association

  • Outros cambios:

  • activa de novo os efectos de son e Linux
  • mellora a reprodución dos efectos de son, non máis atrasos
  • engade lendas ás imaxes e etiquetas de OARS en appdata
  • engade gaélico escocés ao núcleo, e actualiza algúns dos seus conxuntos de datos
  • barra principal, corrixe o tamaño dalgúns elementos
  • retira imaxes non usadas

  • Podes atopar esta nova versión na páxina de descargas, e axiña nas tendas Play e de Windows.

    No que respecta ás traducións, temos 16 idiomas completamente traducidos: inglés británico, catalán, valenciano, chinés tradicional, neerlandés, francés, grego, indonesio, gaélico irlandés, italiano, polaco, portugués, romano, castelán, sueco e ucraíno.
    Tamén temos 15 idiomas con traducións parciais: noruegués (97%), hindú (96%), turco (90%), gaélico escocés (86%), galego (86%), portugués do Brasil (84%), bielorruso (84%), alemán (81%), chinés simplificado (79%), ruso (78%), estoniano (77%), eslovaco (76%), finés (76%), esloveno (69%), bretón (65%).

    Contacta connosco se queres axudar a completar unha destas traducións ou engadir unha nova.

    Tamén podes axudar publicando novas na túa comunidade sobre GCompris, e non dubides en darnos a túa opinión.

    Grazas a todos,
    Timothée & Johnny

    Todas as noticias