GCompris é unha colección de programas educativos que inclúe numerosas actividades para nenas e nenos de entre 2 e 10 anos.

Algunhas das actividades son de orientación lúdica, pero aínda así aínda educativo.

Esta é unha lista de categorías de actividades con algúns exemplos:

  • descubrimento do computador: teclado, rato, pantalla táctil…
  • lectura: letras, palabras, práctica de lectura, teclear texto…
  • aritmética: números, operacións, memorización de táboas, enumeración, táboas de dúas entradas…
  • ciencias : control da canle, ciclo da auga, enerxía renovábel…
  • xeografía: países, rexións, cultura…
  • xogos: xadrez, memoria, catro en liña, aforcado, tres en liña…
  • outros: cores, formas, Braille, horas…

Actualmente GCompris ofrece máis de 100 actividades e máis están sendo desenvolvidas. GCompris é un software libre, o que significa que pode adaptalo ás súas propias necesidades, melloralo e, máis importante, compartilo con todos os nenos.

O proxecto GCompris está aloxado e desenvolvido pola comunidade KDE.